Pacita: Un clásico dos queixos Frioleses

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Queixos Pacita ofrece un produto familiar, tradicional, natural. Empezou hai máis de trinta anos, e foi en 2002 cando  montou a queixería. Trátase dun queixo elaborado con leite cru, de produción propia, artesano, que ofrece todas as posibilidades: fresco, cremoso,  semicurado e curado. E levan arredor de catro años cun novo produto, tamén de gran aceptación: o queixo picante.

Diariamente, fabrican entre 180 e 200 quilogramos de queixo e concentran os seus puntos de venda en parte en Galicia, Madrid, Barcelona ou Valencia. E venden tamén algún queixo fóra de España.

Arredor dun 5 por cento da produción desta empresa da parroquia friolense de Vilafiz, en Lugo -que conta con catro traballadores- vai parar ao mercado español. Unha boa parte da produción queda na súa zona de influencia natural. O sistema de distribución para o mercado próximo é a distribución propia, mediante furgoneta con frío. supermercados e tendas da contorna son os puntos de venda habituais dos seus produtos. Son vacas que están en pastoreo e hai detrás de todo isto o respaldo da certificación de calidade.

Consiste nunha produción tracional e limitada, xa que considera o fabricante que o máis importante é garantir sempre a calidade e o "exquisito" sabor das varidades que ofrece. Dispón de sala de ordeño propia, tanques de frío e procesado, así como dos controis sanitarios que garanten a calidade dun leite que se produce na montaña lucense, a 700 metros de altitude.  Ten 150 vacas propias en produción.

 

"Primeiro entre 'picantes'

Xunto coas bondades do leite cru e coa aceptación que ten esta modalidade de fabricación, Queixos Pacita ten tamén un bo número de entusiastas do seu queixo picante, do que pode alardear que se tata do primeiro destas características que se fixo en Galicia, segundo conta a responsable desta empresa familiar, María Paz Vega Corral, quen non dubida en sinalar que "este é orixinal", que agora hai copias, "pero que o orixinal é este".

A forza da feira de Friol

A celebración cada ano -e van xa 26 edicións- da feira dos queixos de Friol e tamén dun dos mellores pans que se fai en Galicia  (na parroquia de Ousá), foi e segue a ser un escaparate fundamental para a proxección do queixo da comarca en xeral e do municipio en particular. Friol está en terras da Denominación da Arzúa-Ulloa, aínda que non está acollido á mesma.

Neste medio século sobrepasado de feiral, veu ao municipio xente de toda Galicia, que foi coñecendo este queixo grazas ao evento. Agora véndese cada ano neste encontro moito menos producto, pero segue sendo importante nesa proxección exterior. Para a última edición da Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá, Queixos Pacita levou uns 1.200 queixos.

Non desaproveita a empresa as novas tecnoloxías para vender por internet, con algúns mercados xa referidos como o madrileño ou outros como as Illas Canarias. Polo de agora, estas vendas prodúcense sen recargos, un aliciente máis para achegarse a uns bos queixos como estes.