galego - castellano - english
Volver
RISOTTO DE BOLETUS (4 persoas)
300 grs de boletus ou ceps pequenos
350 grs de arroz
1,5 litros de caldo de polo
1 cebola
2 culleradas de manteiga
100 grs de queixo cremoso Pacita
Sal
Aceite


Limpar os boletus, córtanse en cuartos. Pelar e picar a cebola.
Cortar oito labras grandes de queixo cun pelador de verduras e reservar. Raiar o resto de queixo.
Quéntase o aceite con 30 grs de manteiga, cando empeza a dourar engádense os cogomelos picados, a cebola, o queixo e cocer a lume medio dous minutos removendo cunha culler de madeira.
Engadir o arroz e remover uns dous minutos. Engadir un cullerón de caldo quente e remover. Ir engadindo mais caldo a medida que se vaia consumindo ata que estea cocido, 20 ou 25 minutos. Salgar o gusto.
Apagar o lume e cando o arroz estea no seu punto engadir un pouco de manteiga e o queixo raiado e mesturar.
 

 

nota legal Contacto
23