galego - castellano - english
Volver
CUNCHAS DE PESCADO O FORNO (4 persoas)
4 cunchas de vieira
300 grs de peixe branco
100 grs de champiñóns
4 patacas medianas
1 ovo duro picado
50 grs de queixo curado Pacita
4 culleradas de leite
20 grs de margarina
2 culleradas de aceite de oliva
Sal

Cortar as patacas en dados e cocelas.
Cortar o peixe e refogar nunha tixola con aceite. Reservar.
Cortar os champiñóns e refogar tamén. Reservar.
Mestúrase nunha cunca o ovo, as patacas, o peixe e os champiñóns.
Énchense as cunchas.
Raiar o queixo e mesturalo co leite e cubrir as cunchas con esta mestura.
Engadir un pouco de margarina, gratinar no forno forte. Servir.
 

 

nota legal Contacto
23