galego - castellano - english
 
 
Vinte anos son os que levamos a pequena familia de "Queixos Pacita" elaborando un producto artesán que nace en Galicia, nas terras lucenses de Friol.
Nos nosos pastos a máis de 700 metros de altitude, aliméntanse as nosas vacas e ovellas, das cales obtemos un leite que utilizamos para facer os nosos queixos e que conta con certificación de calidade.
Temos unha produción tradicional e limitada, porque consideramos que o máis importante é garantir sempre a calidade e o exquisito sabor da nosa variedade de produtos. O resultado do noso traballo son os nosos queixos, e o noso maior orgullo saber que cada día son máis apreciados no mercado.
 

 

nota legal Contacto
1